Ingresa o teu e-mail e recibe de xeito automático todas as novas que imos subindo.

xoves, 19 de abril de 2012

Francisco Jorquera visitará mañá @s mariscador@s pechad@s na Casa do Concello

O BNG de Fene leva apoiando dende o primeiro día as reivindicacións das mariscadoras e mariscadores por medio dos membros do Grupo Municipal e do Consello Local. 
Logo das visitas dos deputados no parlamento galego Bieito Lobeira e Fernando Blanco e da Eurodeputada Ana Miranda, mañá ás 13 horas o deputado no Congreso dos deputados polo BNG, e próximo candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, visitará ao colectivo de mariscador@s que levan xa 3 semanas pechad@s na Casa do Concello de Fene.








Ningún comentario:

Publicar un comentario