Ingresa o teu e-mail e recibe de xeito automático todas as novas que imos subindo.

mércores, 25 de abril de 2012

O BNG DIANTE DOS PLENOS EN DEFENSA DO SECTOR NAVAL


Este xoves, 26 de abril, ás 6 da tarde estan convocados nos Concellos de Ferrolterra Plenos Extraordinarios para a aprobación dunha declaración institucional similar a outras xa aprobadas, baleira de contido e que evita esixir do Goberno Central de da Xunta de Galiza compromisos concretos na Defensa do Sector Naval na ría de Ferrol.

Fronte a ista forma de actuar o BNG impulsou un texto alternativo que vai defender en todos os Plenos da nosa comarca e cuxas demandas son:

1.- Esixir a celebración dunha entrevista urxente co presidente da Sociedade Estatal de participaciones Industriales (SEPI), conxuntamente cos representantes sociais, políticos e económicos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

2.- Demandar do goberno do estado:

2.1.- A consignación necesaria dentro dos orzamentos xerais para 2012 para a construción do dique flotante, a realizar por Navantia Ferrol-Fene

2.2- Desenvolver unha intensa actividade comercial que incida na promoción das capacidades e competitividade de Navantia e sinaladamente dos estaleiros da Ría de Ferrol, buscando a captación de contratos que xeren carga de traballo.

2.3- O inicio inmediato de negociacións na UE para conseguir o levantamento do veto á construcción naval civil nos estaleiros públicos da ría de Ferrol.

3.- Demandar do Goberno galego:

3.1- Que en cumprimento da Proposición non de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego o pasado 29 de febreiro, se presente o proxecto de Centro de Reparacións Navais na ría de Ferrol, comprometido polo Presidente da Xunta no coñecido como “contrato con ferrol”.

3.2.- Dar cumprimento efectivo da lei 4/2010, de 23 de xuño, de fomento do sector naval de Galicia, nomeadamente do seu artigo 4; para o cal deberá presentar no Parlemento Galego unha proposta concreta.

4.- Demandar das organizacións políticas, nomeadamente das que detentan responsabilidades de goberno, o cumprimento estrito e inmediato das demandas da comarca a respecto do sector naval e, nomeadamente, os asumidos por unanimidade no Parlamento galego.

5.- O nomeamento da nova presidencia de Navantia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario