venres, 4 de maio de 2012

O BNG FENE REXEITA O PLAN DE ESTABILIDADE PRESENTADO POLO GOBERNO LOCAL


O goberno popular de Fene levou ao Pleno, do xoves 3 de maio, pola vía de urxencia o Plan de estabilidade que contou unicamente cos seus 6 votos favorábeis.

O BNG e IU votamos en contra (5+1) , e o PSOE abstívose (5), facilitando así o avance do Plan, que tivo que prosperar polo voto de calidade do Alcalde.

Para os nacionalistas este Plan antepón o déficit 0 ás necesidades das veciñas e veciños de Fene. No debate do Pleno o PP quedou so na defensa dun Plan que pretende adiantar o pago do creto ICO concertado o pasado mes de novembro e máis de 120.000 €.

O BNG xa advertira que ese creto era un lastre para as contas municipais xa que ten un xuro do 6,5 % e supoñen 25.000 € anuais neste concepto.

O PP carece de proxecto político e económico para o concello e actúa intervido polas decisións do goberno de Rajoy. O exemplo máis claro é sustentar a mellora dos ingresos para 2012 na subida do IBI nun 6%, xusto na dirección contraria do que defendeu o PP de Fene na proposta de ordenanzas no pasado mes de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario