martes, 26 de xuño de 2012

ACAMPADA REIVINDICATIVA EN S. VALENTÍN


EN DEFENSA DO EMPREGO, POLO DEREITO A PRODUCIR
POLO FUTURO DA COMARCA
PARTICIPA !!!

Desde onte á noitiña está instalada unha acampada reivindicativa en S. Valentín, na que participan representantes de diversos colectivos e, especialmente, compañeiras e compañeiros do BNG; entre os que xá estivo onte o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
Esta acción pretende reforzar o noso traballo de sensibilización cara á xornada do vindeiro Xoves dia 28.

Hoxe celebraránse actividades para as nenas e nenos, entre as 17 e 19 horas, e logo a partir das 8 haberá debates sobre as problemáticas arredor das que xira a iniciativa ( naval, saneamento da ría…..) e algún que outro acto lúdico para rematar a xornada. 

Agardamos polo voso apoio e participación!!!








8 comentarios:

  1. Para defender o emprego hai que defender a Ría, e para defender a Ría non se pode defender REGANOSA.
    Facede debates para nenos e nenas, son aos únicos que podedes enganar.
    Veña a seguir apoiando o PP en Fene e deixandoo gobernar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Señor/Señora "Anónimo": exactamente, a quen apoia vostede tocando os "güevos" no noso blog? Eu son militante do BNG e estou tamén en contra de REGANOSA e a favor do colectivo marisqueiro de por suposto do naval, eses comentarios de "seguir apoiando ao PP en Fene" misturados coas reivindicacións sobre o futuro da Ría, a parte de demostrar non ter puta idea da situación municipal, xa os escoitei non hai moito tentando politizar as protestas das mariscadoras de Barallobre. Imaxino que vostede se decantará por algún colectivo político. Ao mellor se me dí a que grupo iluminado apoia vostede poderíamos responderlle aínda mellor! (Aínda que tamén pode ser que sexa por aburrimento e ganas de tocar o carallo) Un sáudo!

      Eliminar
  2. http://www.cne.es/cne/doc/publicaciones/IAP_GASISTA_Dic11.pdf

    ResponderEliminar
  3. Señor/Señora "Anónimo": exactamente, a quen apoia vostede tocando os "güevos" no noso blog? Eu son militante do BNG e estou tamén en contra de REGANOSA e a favor do colectivo marisqueiro de por suposto do naval, eses comentarios de "seguir apoiando ao PP en Fene" misturados coas reivindicacións sobre o futuro da Ría, a parte de demostrar non ter puta idea da situación municipal, xa os escoitei non hai moito tentando politizar as protestas das mariscadoras de Barallobre. Imaxino que vostede se decantará por algún colectivo político. Ao mellor se me dí a que grupo iluminado apoia vostede poderíamos responderlle aínda mellor! (Aínda que tamén pode ser que sexa por aburrimento e ganas de tocar o carallo) Un sáudo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sr Maceiras: Vostede estará en contra de Reganosa, pero o BNG está a favor. Nada máis coñecerse a sentenza do Tribunal Supremos, sentenza firme, que declara ILEGAL a Reganosa, o alcal de de Mugardos do BNG xa saiu á palestra para dicir que en 15 días ía modificar o Plano de Urbanismo de Mugardos para que Reganosa fose "legal".
      Un partido que defende Reganosa, que é unha bomba para a Ría de Ferrol e que co seu verquido de lixivia está matando o marisco da Ría, non pode facer acampadas para defender a Ría xa que eso é un acto de demagoxia supremo.

      Eliminar
  4. Enganar aos nenos e ás nenas nunca o intentei nin o intentarei, merécenme moito respecto, son o futuro e por ese futuro non me vou quedar de brazos cruzados.
    Grazas a todas as persoas que participaron na acampada, estando alí, restando horas ao seu tempo de descanso, de familia, das súas vacacións,...
    Sempre haberá quen non o valore pero eses nenos e nenas que algún anónimo pensa que...non sei que pensa...SON PERSOAS E SERÁN OS XUICES NO FUTURO e valorarán quen se moveu tendo o seu traballo asegurado e quen quedou na casa ríndose dos pringados que paparon molladuras e camiñatas para defender o noso, o de todos e todas, a nosa comarca. Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Señora Faraldo:Os que hai 10 anos eran nenos e agora xa son mozos saben o papel que o BNG tivo na instalación de REGANOSA na Ría de Ferrol e xa están emitindo o seu xuízo co seu voto. En cada elección o BNG baixa en votos e en Fene perdeu a alcaldía.
      Tamén eses mozos e esas mozas saben como o conselleiro de Industria do BNG, Fernando Blanco o Campión que lle toca a lotería como a Fabra, quería PRIVATIZAR Astano vendendollo a Barreras.

      Eliminar
    2. Digna, moi ben falado. Sempre haberá xente que disfruta criticando calquera cousa que se faga por moi pequena que sexa, ao mellor ata é a mesma que cobardemente chamou ao SEPRONA para tentar levantarnos a acampada (e que non logrou).

      Señor ou señora "fan" do noso blog, vostede que é o que realmente fai polo futuro desta comarca? En que colectivos se move? E finalmente, xa que relaciona o tema de REGANOSA á baixa de votos do BNG... A QUEN VOTA VOSTEDE?

      Eliminar