Ingresa o teu e-mail e recibe de xeito automático todas as novas que imos subindo.

venres, 15 de xuño de 2012

Os recortes do goberno popular de Fene resenten a limpeza das instalacións deportivas


O goberno local de Fene, dirixido polo popular Gumersindo Galego, adxudicou* por un ano a limpeza, o mantemento e a conserxería das instalacións deportivas do Concello. Estas instalacións son os pavillóns polideportivos de A Xunqueira e O Ramo, a piscina climatizada de Centieiras e o campo de fútbol de Os Pinares. A nova empresa adxudicataria é a multinacional Eulen  que se levou o contrato por 145.000 €+ 26.100 € IVE que supuxeron unha rebaixa de custes moi importante con respecto á anterior contrato. O resultado desta rebaixa, logo de 15 días de inicio do novo contrato, é a falta de limpeza por falta de medios técnicos necesarios como varredoras de fondos de piscina, aspiradores, medidores de cloro, e outro material que figura no Prego de clausas técnicas aprobado polo Concello. A piscina municipal de Centieiras sofre a falla de limpeza do interior do vaso dun xeito preocupante comezando a acumular verdín  no fondo ademais de nos existir medicións regulares do cloro. O pavillón da xunqueira tamén sufre a falla de medios técnicos para limpeza.
Para o BNG aforrar empeorando os servizos non é un aforro senón un deterioro dos servizos públicos e das instalacións municipais. Desde o BNG esixiremos o cumprimento das condicións nas que se adxudicou o contrato obrigando ao goberno local a supervisar a execución correcta do contrato. 

 
 

5 comentarios:

  1. En Fene goberna o Partido Popular por culpa do BNG

    ResponderEliminar
  2. Si? Vaia! Resulta que a esquerda (BNG e IU) sumaban o mesmo número de concelleiros que o PP (6) e non podían gobernar... Ai, espera... Que ti tamén contabas co PSOE! Vaia ho, igual che teñen un pouco enganada/o.
    Un ano despois e hai que seguir contestando estas parvadas! Igual ata non és veciña/o de Fene e non sabes como foi a última lexislatura.

    ResponderEliminar
  3. Nos concellos non hai lexislaturas, os concellos non lexislan, hai mandatos ( unha mostra máis do nivel que teñen os políticos actuais). A realidade é que a esquerda en Fene ten 11 concelleiros e a dereita 6. Como é posible que goberne a dereita?.
    Pola ambición de Juventino ( nin sequera galeguizou o nome ) e a incompetencia de Manuel Polo, que leva catro días vivindo en Fene e non ten nin idea do que pensa a xente. Dentro de tres anos xa veremos os resultados do BNG, se para daquela hai BNG en Fene,xa que todos os que levaron a que o BNG estivese na Alcaldía e no Goberno de Fene durante 28 anos, xa non están no BNG

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Señora/señor político (eu non o son, de aí que non teña ningún tipo de nivel de ese tipo), que é o que pensa a xente? Que debería gobernar Puentes? Logo de perder 800 votos en 4 anos? Con que xente fala vostede? Coa de Neda, Narón, Ferrol? Por certo nin os que se foron (que non son tantos como se dí) nin os que continúan, votaron a favor de apoiar un nefasto goberno socialista.

      P.D: Leva vostede un ano ouveando, non se cansará?

      Eliminar
  4. Quen privatizou a limpeza e o mantemento das instalacións deportivas? O BNG

    ResponderEliminar