sábado, 29 de setembro de 2012

Francisco Jorquera celebra este luns en Fene o 30 aniversario do BNG



O pasado 26 de setembro cumpríronse 30 anos desde a formación do Bloque Nacionalista Galego na Asemblea de Riazor. Para celebralo, o candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, partipará nunha charla-coloquio que se celebrará este luns, 1 de outubro, no Círculo de Perlío, a partir das 20 horas.




Jorquera estará acompañado pola responsábel local do BNG de Fene, Digna Faraldo, así como polos candidatos da comarca de Ferrolterra ao Parlamento de Galiza: Manuel Polo (Fene) e Fernando Branco Parga (As Pontes). Participarán tamén cidadáns relacionados co sector naval e co marisqueo, os dous sectores produtivos de maior relevancia na zona. Ademais, haberá un coloquio aberto a todas as persoas que queiran participar.

As contradicións sobre os floteis supostamente contratados á mexicana PEMEX, os problemas coas bateas ou o saneamento da ría serán algúns dos temas a tratar neste acto, no que o BNG exporá as súas propostas nestes eidos e as súas alternativas de cara as vindeiras eleccións do 21 de outubro.




2 comentarios:

  1. Onde estaría hoxe Astano de facerse efectiva a proposta de Fernando Blanco de venderllo a Barreras?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola de novo "casteleiro56"! Canto tempo sen sabermos de vostede! Eso si vemos que sigue igual de orixinal. Un par de puntualizacións:

      1º- O Fernando Blanco que nos acompañará no acto deste luns non é o que se refire vostede.

      2º- De todos xeitos convidámolo a que asista ao noso acto e lle formule todas as dúbidas que teña sobre ese particular tanto ao señor deputado coma ao candidato á presidencia Francisco Jorquera (xa que haberá posibilidade de facelo) ainda que probablemente xa saiba que todo o que borea non é tal como dí vostede e só son gañas de facer campaña ao seu xeito. Un saúdo!

      Eliminar