xoves, 27 de novembro de 2014

Curtas sobre violencia de xénero no local do BNG de Fene

Os nacionalistas feneses convidan a toda a cidadanía a participar no visionado de varias curtametraxes relacionadas coa violencia machista. Un ano máis, o local do BNG abre as súas portas á participación neste acto que conmemora a celebración do 25 de Novembro e no que toda a veciñanza ten cabida.

Será este venres, 28 de novembro, a partir das 19.30 horas. Tralo visionado das curtas haberá un foro de debate e, a continuación, unha degustación de cogomelos recollidos nos montes da zona.

Animádevos a participar!!







  ABRE OS CADEADOS, QUEN TE ENCERRA NON TE QUERE  



Páxina sobre o 25n na web nacional




xoves, 20 de novembro de 2014

O ALCALDE DE FENE MINTE!

Juventino Trigo reta ao alcalde de Fene que demostre as súas afirmacións sobre que o recibo da contribución é igual agora que en 2002



Que o pobo de Fene mire o seu recibo da contribución hoxe e o de hai 12 anos. Os nacionalistas retamos ao alcalde a que demostre que hai un so recibo do IBI en todo o concello do co mesmo valor de 2002 . Non pode demostralo, porque minte. O PP subiu un 5,94% o IBI no 2012, pasando do 0,64 ao 0,6784.




Gumersindo Galego minte cando afirma que o tipo impositivo é igual hoxe que en 2002 cando gobernaba o BNG. Na máis pura liña PP, estercar sobre o traballo dos demais e non aceptar as críticas, aínda sendo construtivas e ir na dirección de favorecer á maioría social.

Mentiu coa regularización catastral en vigor e minte agora, en lugar de favorecer ás familias con bonificacións e exencións nas taxas e impostos o que fai e deslexitimar a proposta do BNG mentindo. 

Hoxe unha vivenda cun valor catastral de 80.000 € paga 542€ de contribución fronte a 464€ que pagaría co tipo impositivo do ano 2002. Hai unha segunda variable que inflúe, o valor catastral. Na revisión do 2005 feita polo BNG actualizáronse os valores polo que en si mesmo xa supuxo un incremento no imposto sen mover o tipo. Algo semellante vai pasar agora a todas as propiedades obxecto da regularización catastral posta en marcha hai uns meses.

Cadro dos valores catastrais en Fene e a súa evolución 2000-2014


Ano
Revisión catastral
Tipo impositivo
Incremento
tipo rustico
Alcaldía
2014
2005
0.678
0.00%
0.64


PP
2013
2005
0.678
5.94%
0.64
2012
2005
0.64
0.00%
0.64
2011
2005
0.64
0.00%
0.64



PSOE
2010
2005
0.64
0.00%
0.64
2009
2005
0.64
0.00%
0.64
2008
2005
0.64
3.23%
0.64
2007
2005
0.62
0.00%
0.62




BNG
2006
2005
0.62
0.00%
0.62
2005
2005
0.62
0.00%
0.62
2004
1989
0.62
3.33%
0.62
2003
1989
0.6
3.45%
0.59
2002
1989
0.58
3.73%
0.57
2001
1989
0.51
0.00%
0.55
2000
1989
0.51
0.00%
0.55

En canto á débeda volta a mentir, xa que o endebedamento de Fene nunca superou o 50% do máximo legal establecido. Nunca a débeda foi o problema de Fene, se non as tensións en tesourería, de feito ate o ano 2012 gobernando xa o PP os pasivos financeiros foron os máis altos da historia debido aos intereses da débeda e do pago anticipado de cretos. Primeiro os bancos!

Por último hai que lembrar que unha das medidas “anti crise”que tomou o PP en 2012 foi impedir que os concellos pedisen cretos, como consecuencia a débeda baixa.





xoves, 13 de novembro de 2014

Asembleas Abertas en todas as parroquias de Fene


O BNG de Fene impulsa Asembleas Abertas a toda a cidadanía en todas as parroquias do Concello, nas que se recolleran propostas para seren incluidas no programa electoral das vindeiras eleccións municipais. 

Tras a realizada o pasado 24 de setembro en Perlío as seguintes serán:


  • Xoves 13 de novembro ás 20h na AVV de Limodre
  • Venres 14 de novembro ás 20h na Aula de lectura do CPS de San Valentín
  • Mércores 19 de novembro ás 20h na Sociedade O Pote de Maniños
  • Xoves 20 de novembro ás 20h na Liga de Amigos de Barallobre
  • Venres 21 de novembro ás 19:30h na AVV de Sillobre

En próximas datas confirmarase as de Magalofes e Fene



SÚMATE AO PROCESO IMPULSADO POLO BNG!



mércores, 5 de novembro de 2014

INDIGNACIÓN VECIÑAL CONTRA A REGULARIZACIÓN CATASTRAL EN FENE

Este foi o sentimento da xente que asistiu á charla informativa convocada polo BNG onte no Circulo de Perlío. Un nutrido grupo de veciños participou no acto convocado polos nacionalistas. Nas exposición do portavoz Municipal Juventino Trigo quedou claro que o afán do goberno do PP é puramente recadatorio coa imposición dunha taxa “multa” de 60 € por uns traballos que en moitos casos nin coinciden coa realidade.  


Outra das características do proceso de regularización catastral foi o escurantismo do goberno local á hora de non informar a ninguén.

Os veciños asistentes queixáronse dos erros na notificacións e da sobrevaloración dos galiñeiros, alpendres e garaxes así como a imputación de metros construídos de máis.


Juventino Trigo e Xesús Soto
Fronte a isto Xesus Soto Vivero, concelleiro de Facenda de San Sadurniño explicou o traballo participativo e informativo do seu Concello con toda a veciñanza para ir incorporando todos os bens inmobles no catastro sen taxa de 60 € nin procesos de alegacións, xa que ao facer o traballo de campo os valores catastrais obteñen o visto bo da propiedade.

Trigo manifestou que "todo o mundo comprobe a información que envía Catastro e se  detecta algo incorrecto que alegue e se se trata dun erro que pida a devolución da taxa”.












luns, 3 de novembro de 2014

Charla en Perlío sobre a Regularización Catastral

Este martes 4 de novembro ás 20h. charla no CCRD de Perlío, sobre a Regularización Catastral, intervirán o deputado provincial e concelleiro de facenda no Concello de San Sadurniño Xesús Soto e Juventino Trigo, portavoz do BNG no Concello de Fene.

·Chegouche a carta da Regularización Catastral?

·Tés que pagar 60€ e os atrasos?

·Non sabes que facer?

Ven e infórmate!