mércores, 21 de xaneiro de 2015

O BNG de Fene denuncia o abandono dos pasos de peóns sobre a vía do tren

O Concello de Fene ten abandonado o mantemento dos pasos de peón sobre a vía do tren. En Fene concello existen varios pasos peonís, como o de Barallobre e Perlío, ambos nun estado de abandono que poden provocar accidentes.

No ano 2010 o Concello asinou un convenio co Ministerio de Fomento que 5 anos despois segue sen estar materializado.

A desidia na xestión e a falla de preocupación polo lamentábel estado da vía do tren e as infraestruturas que a rodean é total.

O portavoz do BNG Juventino Trigo, afirmou que “reiterou en numerosas ocasións a necesidade de proceder ao arranxo dos diferentes pasos sobre a vía para garantir a seguridade dos peóns e este goberno foi incapaz de dar unha solución definitiva nin foi quen de esixirlle ao ADIF uns arranxos imprescindibles”.



Paso sobre a vía en Barallobre


1 comentario:

  1. Eu como veciño de Fene e residente próximo o paso de Barallobre, teño que dicir que o 29 de Septembro foi enviado unha notificación por rexistro sobre o lamentable estado da parte superior do paso de Barallobre ,e o posible perigo polo paso de xente que vai o colexio, ciclistas, xente maior que nin sequera pode utilizar o pasamans.A dia de oxe nin resposta obtiven. O que mais me molesta é que o de perlio ,que recentemente tivo en reparación(inda sen rematar creo),xa tivo unha reparacion fai uns anos o mesmo tempo que o de aqui, o problema e que aqui repararon 3 metros e así quedou.Parece que as parroquias que non somos do nucleo mas urban, estamos deixados da mau de deus ata que son tempos de elecions.

    ResponderEliminar