Ingresa o teu e-mail e recibe de xeito automático todas as novas que imos subindo.

luns, 16 de marzo de 2015

O BNG de Fene traballa nunha candidatura activa e preparada para gobernar

Juventino Trigo encabeza de novo a lista electoral do BNG de Fene para as vindeiras eleccións municipais. Xunto a el, e como resultado das asembleas abertas celebradas ao longo das últimas semanas, aparecen persoas moi relacionadas co tecido asociativo do municipio, así como persoas simpatizantes que accederon a participar deste proxecto, elaborado coa firme decisión de gobernar Fene o próximos catro anos.

Sandra Permuy, de San Valentín, ocupa o segundo posto da candidatura. Justo Martínez-Ardá, actual concelleiro, séguea no terceiro. Mariela Aguilar, simpatizante do BNG e presidenta da Asociación Ecoloxista AETNA, vai no cuarto posto, e compaxinará este labor co seu traballo na sociedade e na Comisión de Festas de Maniños. Do mesmo xeito, Alberto Maceiras, de Perlío, pecha este primeiro tramo, no que se combinan de xeito notable a profesionalidade, a aposta pola cultura, polos servizos sociais e pola a atención á veciñanza.

Para o alcaldable, Juventino Trigo, esta candidatura “é o resultado dun proceso aberto cos veciños e veciñas de Fene e, en consecuencia, tanto no primeiro tramo coma no resto da lista temos xente  preparada e moi activa en temas sociais e culturais”.



4 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Señor fan do noso compañeiro Manuel Polo, xa empeza a facer a súa campaña? Había tres anos que non sabiamos de vostede, benvido de novo. Pero como esto non é o Sálvame procedo a eliminar (como responsable deste blog) comentarios de "trolls" coma vostede. Para calquera outra crítica, boa ou mala, aquí estamos. Coidese do seu, que se está a volver un trastorno compulsivo/obsesivo. Abur!

      Eliminar
  2. As verdades doen. Preguntádelle as outras dúas traballadoras sociais se é certa a denuncia ou non ou mirade a cantas folgas foi esa candidata

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ai, ai... Cando saiba de verdade quen é quen na nosa candidatura darase conta do ridículo que fai. Infórmese un pouco, que para ser troll tamén hai que valer. Póñase a tratamento que a súa obsesión polo Sr. Polo xa o fai confundir.

      Eliminar