Grupo Municipal





Juventino Trigo Rei

Foi aprendiz de ASTANO e logo en 1987, como moitos máis, expulsado do sector naval. 

Con 25 anos montou a Asesoría Perlío, negocio que dirixe na actualidade, é Graduado Social e Licenciado en Ciencias do Traballo. 

Alcalde de Fene e concelleiro de Facenda e Promoción económica ata a Moción de censura do PP e Somos Fene








Sandra Permuy Meizoso

Formou parte do goberno desde 2015 ata a moción de censura de 2018, asumindo un enorme peso e unha morea de traballo, e facéndoo xenial e sempre cun sorriso. 

Foi concelleira de Seguridade, Formación e Emprego e Persoal, e desde que quedamos co goberno en minoría, tamén de Servizos. 

Sandra é Educadora infantil de profesión, é de San Valentín, e foi directiva do CPS.







Manuel Polo Gundin

Militante do BNG desde os 16 anos, e na actualidade membro do Consello Comarcal e Local. Foi concelleiro en Fene, no goberno e na oposición, durante 8 anos. É deportista, federado en atletismo veterán, e dedícase profesionalmente ao deporte, actualmente como técnico de deportes no Concello de Mugardos. É membro do colectivo dos 19 de Meirás, acusados pola familia Franco de varios supostos delictos por acudir ao Pazo de Meirás en día de visita. E ademais, é o presidente da Anpa O Pazo Ies de Fene. Vive en Perlío e é un traballador incansable e un puntal imprescindible para este equipo





Cristina García Moroño

Leva con nós desde o 2015 traballando arreo neste proxecto desde o Consello Local do BNG.

Unha muller loitadora e con grande experiencia en mirar polos demais, xa que é auxiliar de axuda a domicilio no Concello de Fene.

Tamén é titulada en administración e vive en Fene.










Justo Martínez Ardá

Foi o mellor concelleiro de Urbanismo dos últimos tempos, cun proxecto que foi bloqueado pola moción de censura materializada en abril de 2018 de mans do PP e de Somos Fene coa complicidade do PSOE. Tamén foi concelleiro de Cultura, Deportes e Obras desde o 2016 ata abril de 2018, realizando diversas actuacións de grande importancia como a Gala do Deporte, o concerto de Sés en xullo do ano pasado, obras de acondicionamento de diversas estradas, etc. Justo é de Fene, con raíces en Limodre, e ten 41 anos. É diplomado en Maxisterio na especialidade de Educación Física, Delineante e Arquitecto Técnico, profesión esta que exerce como autónomo. Ademais, é fundador da Sociedade As Píntegas, con actividades como fútbol sala e chave, e xogador da S.D. Barallobre.





Ángeles Coira López

Coñecida como "Peque", é unha persoa comprometida e moi activa socialmente. Membro do grupo vocal Entrelas, colabora co coro infantil de Franza e é presidenta da ANPA do CEIP Centieiras. 

É diplomada en Graduado Social, e vive en Perlío.








Espazo web do Grupo Municipal: http://fenecidadan.net/grupos/bng.php?lg=gal