xoves, 30 de outubro de 2014
martes, 28 de outubro de 2014
Gumersindo Galego ocultou á Corporación a regularización catastral impulsada polo Ministerio de Facenda en 2012
O
goberno local coñecía e colaborou activamente na regularización
catastral posta en marcha neste ano no Concello de Fene, estas
afirmacións fíxoas o Alcalde Gumersindo Galego na Comisión de obras e
urbanismo celebrada hoxe.
Os
nacionalistas pedimos ao Alcalde que nos aclarase cal era o coñecemento
do tema da regularización catastral e cal o alcance da colaboración do
goberno, xa que na comisión de facenda de onte os propios membros do
goberno discreparon sobre a participación do goberno no proceso. Mentres
o edil de facenda negaba calquera participación a edil de urbanismo
recoñecía ter colaborado.

Na
Comisión informativa o Alcalde tamén manifestou que había obras que
tributaban menos debido ás baixas valoracións, intentando xustificar así
a regularización. O que o Alcalde non di é que o Concello de Fene leva
arredor de 20 anos revisando de oficio as obras e dándoas de alta no
catastro ou modificando os seus valores tributarios ata a chegada do PP
ao goberno.
luns, 27 de outubro de 2014
Descoordinación no goberno de Fene sobre o tema da regularización catastral
Na Comisión de Facenda e Promoción económica celebrada hoxe no Concello de Fene o Concelleiro de Facenda, por propia iniciativa, dixo que el e o goberno local nada tiñan que ver coa regularización catastral que está a facer o Ministerio de Facenda a través da Dirección Xeral do Catastro.
Na queda de rogos e preguntas, quedou de manifesto o malestar pola desinformación total á que o goberno local ten sometida á oposición. A concelleira de urbanismo emendou ao concelleiro de Facenda indicando que desde a súa área si se tiñan mantido contactos co Catastro para aclarar algúns problemas de identificación de propiedades e que desde urbanismo se lles dera información.

Neste proceso de regularización existen erros gravísimos e atropelos pola información que obtivemos de moitos dos afectados. Os erros van desde a identificación errónea dos inmobles ata a regularización de inmobles nos que non hai variacións a efectos fiscais.
O BNG esixiremos transparencia e aclaracións xa que temos moitas dúbidas de que non fose o Alcalde o que solicitara a regularización polos problemas que tivo nesta materia que, como todo o mundo sabe acabou perdendo no xulgado.
venres, 24 de outubro de 2014
Veciños de Fene sorprendidos pola chegada masiva de revisións catastrais
Centos de veciños e as asociacións con edificios e instalacións propias están a recibir notificacións da Dirección Xeral de Catastro nas que por unha banda se lles ordena o pago dunha taxa de 60 € por valor revisado e por outra se procede á revisión, en si, do valor da propiedade.

O Bloque Nacionalista Galego de Fene vai pedir explicacións o vindeiro luns na comisión de Facenda que se celebra ás 9 da mañá, para que se dea conta por parte do goberno como e quen ordenou a regularización de valores catastrais no Concello de Fene. Hai que lembrar que Fene contaba en 2007 cun tipo impositivo criticado por PP e PSOE no seu día, situado no 0,62 que logo no 2010 subiuse ao 0,64 e por último o PP pasouno ao 0,68 en 2012.
"Os nacionalistas descoñecemos totalmente quen iniciou este procedemento e desde cando se prepara esta regularización", afirmou o portavoz nacionalista Juventino Trigo que ademais dixo que ao PP vaille dicir que baixa impostos e por outro llos sube á xente e ás sociedades cunhas taxas de 60 € totalmente abusivas.
martes, 21 de outubro de 2014
O BNG de Fene rexeita a caza de xabarís con arcos por populista e ineficaz
As queixas da presenza de xabarís son recorrentes nos últimos tempos na zona da
ría do noso concello dende Maniños a Perlío. O GM do BNG no concello de Fene a
través do seu portavoz Juventino Trigo trasladou reiteradamente este problema
ao alcalde popular. A solución acordada polo Alcalde e a Xunta de Galicia de
autorizar que arqueiros se aposten a agardar á xunta da noite a circulación
destes animais para matalos é unha medida populista e ineficaz que carecede
garantías, eficacia e que pode introducir inseguridade entre a veciñanza da
zona.
As medidas que se deben adoptar con urxencia desde o
concello son as que pasan pola redución o máximo posíbel dos hábitats do
xabaril na zona urbana. Estas medidas pasaría pola limpeza das instalacións de
Navantia Fene, a vía do tren e a súa contorna, o borde costeiro, as beiras de
ríos, así como a limpeza de fincas privadas en estado de abandono.
Paralelamente
Medio ambiente da Xunta de Galicia debería avaliar o número de xabarís
existentes na zona e tomar as medidas oportunas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)