xoves, 24 de xaneiro de 2019

As obras xestionadas e iniciadas polo anterior goberno encabezado polo BNG contan con deficiencias e carencias en seguridade

As obras do plan provincial POS 2017, xestionadas e iniciadas polo goberno do BNG de Fene con Juventino Trigo á cabeza, están a ser executadas nestas datas en varios puntos do Concello, aínda que con bastantes deficiencias e carencias en seguridade, como se pode observar.
















Tamén a obra de adecuación da marxe do río Cádavo ao seu paso por Perlío, comprometida por Juventino Trigo coa súa veciñanza e xestionada e iniciada polo seu goberno, está sendo realizada, a pesar de que acumula un importante retraso derivado da deixadez e inoperancia do actual goberno PP-Tránsfugas da Marea, que están moito máis preocupados por ver cal é o mellor xeito de manterse como concelleiros no goberno a partir das eleccións de maio.