Desde o Bloque Nacionalista Galego de Fene poñemos de manifesto o noso pesar polo falecemento de don Elías e a máxima admiración pola súa persoa. Sen dúbida foi un dos maiores defensores do país na nosa comarca, da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa xente, tamén en momentos nos que non era fácil selo, e menos desde unha posición como a súa. Durante toda a súa vida foi un comprometido coa sociedade, cos máis desfavorecidos, cos perseguidos, cos necesitados... Comprometido coas persoas e tamén con Galiza.
Por todo isto, e por estar sempre cando e onde o precisamos, moitas grazas e boa viaxe.
![]() |
Don Elías nunha captura do Vídeo de apoio á Candidatura de Juventino Trigo do 2011 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario