Na Comisión de Facenda e Promoción económica celebrada hoxe no Concello de Fene o Concelleiro de Facenda, por propia iniciativa, dixo que el e o goberno local nada tiñan que ver coa regularización catastral que está a facer o Ministerio de Facenda a través da Dirección Xeral do Catastro.
Na queda de rogos e preguntas, quedou de manifesto o malestar pola desinformación total á que o goberno local ten sometida á oposición. A concelleira de urbanismo emendou ao concelleiro de Facenda indicando que desde a súa área si se tiñan mantido contactos co Catastro para aclarar algúns problemas de identificación de propiedades e que desde urbanismo se lles dera información.

Neste proceso de regularización existen erros gravísimos e atropelos pola información que obtivemos de moitos dos afectados. Os erros van desde a identificación errónea dos inmobles ata a regularización de inmobles nos que non hai variacións a efectos fiscais.
O BNG esixiremos transparencia e aclaracións xa que temos moitas dúbidas de que non fose o Alcalde o que solicitara a regularización polos problemas que tivo nesta materia que, como todo o mundo sabe acabou perdendo no xulgado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario