O BNG de Fene esíxelle ao PP rigor na información que traslada publicamente.
O BNG de Fene lamenta que, logo de catro anos de goberno, o portavoz do PP no Concello descoñeza o xeito de funcionamento da Consellería de Emprego da Xunta de Galicia dirixida polo seu propio partido político.

No período 2011-2015 de goberno popular en Fene tamén se “perden”, usando a súa linguaxe, subvencións para a formación e o emprego tal e como se indica:
·NO ANO 2012 DENÉGASE UNHA SUBVENCIÓN SOLICITADA POLO CONCELLO PARA UN OBRADOIRO DE EMPREGO
·NO ANO 2015 DENÉGASE UNHA SUBVENCIÓN PARA UN OBRADOIRO DE EMPREGO CONXUNTAMENTE CON ARES –CABANAS
No ano 2016 solicitáronse dous obradoiros de emprego conxuntamente con os Concellos de Ares, Cabanas, Neda e Mugardos, un foi denegado pola Consellería de Emprego e outro estase a levar a cabo con 20 alumnos/as e unha duración de seis meses.