Foi a finais do mes de maio cando
Gumersindo Galego anunciaba o arranxo da explanada anexa ao paseo de San
Valentín por un importe de 2.900€. Os traballos consistiron no alisado da
superficie mediante unha retroexcavadora e un pisón.
Menos de dous meses despois o mesmo
Concello de Fene inicia unha obra prevista dende 2017 sobre ese espazo
arranxado.
Para o BNG existe unha falla de coordinación
entre a Concellaría de Obras e a de Servizos, por non falar da nula
capacidade do alcalde do PP en saber o que hai que facer e que está pendente.
A
obra que se está a facer de separación de fecais e pluviais resulta ser a
consecuencia da neglixencia do PP no seguimento das obras da EDAR que se realizaron
hai 4 anos. O actual alcalde pasou de todo como nel é normal e foi durante o
goberno do nacionalista Juventino Trigo cando houbo que xestionar a eliminación
destas augas residuais.
Outro exemplo de ausencia de
coordinación e despilfarro foi o pintado de pasos de peóns no mesmo barrio de
San Valentín hai un mes e que agora se levantan coas obras de saneamento.