O colectivo de
mariscadoras e mariscadores da Confraría de Barallobre continúa o peche no
Concello de Fene comezado na noite do venres ao sábado. Reclaman, en primeiro
termo, que se lles abonen os pagos que lles corresponden polos traballos de
mantemento, pendentes dende o mes de novembro, cando o Parlamento Galego
aprobou unha Proposición non de Lei presentada polo BNG na que se aseguraban
estes pagamentos.
En segundo lugar, o
colectivo reclama que se realicen dunha vez os necesarios traballos de
rexeneración da Ría, limpeza e sobre todo, axilización das obras para a posta
en marcha das estacións depuradoras de augas residuais, que acumulan un atraso
inasumíbel.
Membros da Asemblea
Local do BNG de Fene expresaron persoalmente o seu apoio ás mariscadoras
achegándose ata o Concello durante o día e a noite de onte, e o seguirán a
facer mentres dure o peche. Así mesmo, a Responsábel Comarcal do BNG de
Ferrolterra, Mercedes Tobío, e mailos deputados autonómicos Fernando Branco e
Bieito Lobeira, estiveron onte en Fene para secundar as reivindicacións do
colectivo.