martes, 22 de maio de 2012

Acto comarcal: Proposta do BNG sobre a creación dunha Banca Pública Galega.


O BNG ve con grande preocupación a actual crise económica e social que estamos a sufrir e considera que, para atallala, hai que adoptar medidas estruturais e de longo alcance destinadas a apoiar a economía produtiva do noso país, crear unha banca pública, defender os servizos públicos, e crear emprego estábel e de calidade.

Para explicar en que consisten estas medidas, facendo especial fincapé na creación dunha BANCA PÚBLICA GALEGA, o BNG organiza unha reunión cos axentes económicos e sociais de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que terá lugar o vindeiro Sábado 26 de Maio ás 11,30 h. na Galería “Sargadelos” de Ferrol, coa presenza do portavoz no Congreso e candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera Caselas.


sábado, 12 de maio de 2012

Iniciativa do BNG sobre a situación do sector naval en Ferrolterra


O BNG presenta no Congreso dos Deputados unha iniciativa no Congreso sobre o futuro do sector nava na ría de Ferrol e para esixir a reunión coa SEPI






venres, 4 de maio de 2012

O BNG FENE REXEITA O PLAN DE ESTABILIDADE PRESENTADO POLO GOBERNO LOCAL


O goberno popular de Fene levou ao Pleno, do xoves 3 de maio, pola vía de urxencia o Plan de estabilidade que contou unicamente cos seus 6 votos favorábeis.

O BNG e IU votamos en contra (5+1) , e o PSOE abstívose (5), facilitando así o avance do Plan, que tivo que prosperar polo voto de calidade do Alcalde.

Para os nacionalistas este Plan antepón o déficit 0 ás necesidades das veciñas e veciños de Fene. No debate do Pleno o PP quedou so na defensa dun Plan que pretende adiantar o pago do creto ICO concertado o pasado mes de novembro e máis de 120.000 €.

O BNG xa advertira que ese creto era un lastre para as contas municipais xa que ten un xuro do 6,5 % e supoñen 25.000 € anuais neste concepto.

O PP carece de proxecto político e económico para o concello e actúa intervido polas decisións do goberno de Rajoy. O exemplo máis claro é sustentar a mellora dos ingresos para 2012 na subida do IBI nun 6%, xusto na dirección contraria do que defendeu o PP de Fene na proposta de ordenanzas no pasado mes de outubro.

luns, 30 de abril de 2012

O BNG de Fene estará na manisfestación do 1º de maio




Hoxe máis que nunca neste 1º de maio cómpre unha resposta masiva de tod@s traballador@s, e de toda a sociedade galega contra as políticas do PP

 
 

mércores, 25 de abril de 2012

O BNG DIANTE DOS PLENOS EN DEFENSA DO SECTOR NAVAL


Este xoves, 26 de abril, ás 6 da tarde estan convocados nos Concellos de Ferrolterra Plenos Extraordinarios para a aprobación dunha declaración institucional similar a outras xa aprobadas, baleira de contido e que evita esixir do Goberno Central de da Xunta de Galiza compromisos concretos na Defensa do Sector Naval na ría de Ferrol.

Fronte a ista forma de actuar o BNG impulsou un texto alternativo que vai defender en todos os Plenos da nosa comarca e cuxas demandas son:

1.- Esixir a celebración dunha entrevista urxente co presidente da Sociedade Estatal de participaciones Industriales (SEPI), conxuntamente cos representantes sociais, políticos e económicos de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

2.- Demandar do goberno do estado:

2.1.- A consignación necesaria dentro dos orzamentos xerais para 2012 para a construción do dique flotante, a realizar por Navantia Ferrol-Fene

2.2- Desenvolver unha intensa actividade comercial que incida na promoción das capacidades e competitividade de Navantia e sinaladamente dos estaleiros da Ría de Ferrol, buscando a captación de contratos que xeren carga de traballo.

2.3- O inicio inmediato de negociacións na UE para conseguir o levantamento do veto á construcción naval civil nos estaleiros públicos da ría de Ferrol.

3.- Demandar do Goberno galego:

3.1- Que en cumprimento da Proposición non de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego o pasado 29 de febreiro, se presente o proxecto de Centro de Reparacións Navais na ría de Ferrol, comprometido polo Presidente da Xunta no coñecido como “contrato con ferrol”.

3.2.- Dar cumprimento efectivo da lei 4/2010, de 23 de xuño, de fomento do sector naval de Galicia, nomeadamente do seu artigo 4; para o cal deberá presentar no Parlemento Galego unha proposta concreta.

4.- Demandar das organizacións políticas, nomeadamente das que detentan responsabilidades de goberno, o cumprimento estrito e inmediato das demandas da comarca a respecto do sector naval e, nomeadamente, os asumidos por unanimidade no Parlamento galego.

5.- O nomeamento da nova presidencia de Navantia.

domingo, 22 de abril de 2012

Nova alta na militancia do BNG de Fene

Hoxe fixemos entrega do carnet de militante do BNG ao concelleiro Justo Martinez Ardá durante unha cea para toda a militancia e simpatizantes de Fene no mesón A Pomba. Benvido!

venres, 20 de abril de 2012

Visita ás mariscadoras de Barallobre pechadas no Concello


Francisco Jorquera achegouse ao Concello de Fene para amosar o seu apoio ao colectivo de marisadoras e mariscadores da Confraría de Barallobre, que continúan o seu peche ante o impago da Consellería polos seus labores de rexeneración, que acumula xa máis de cinco meses de salarios. O deputado no Congreso informounos da presentación dunha enmenda aos orzamentos do Estado para que se teña en conta a necesidade urxente de rematar as obras para a depuración da Ría de Ferrol.

Ademais, Jorquera visitou, tamén esta tarde, o Comité de Empresa de Infinita Renovables, afectada por un expediente de regulación de emprego.