mércores, 21 de maio de 2014
mércores, 14 de maio de 2014
luns, 7 de abril de 2014
Nova sección VIDEOS
Estreamos a sección de videos deste blog coa ligazón á entrevista feita no programa "Espacio Abierto" da Televisión de Ferrol ao novo portavoz do Grupo Municipal Juventino Trigo.
mércores, 19 de marzo de 2014
Juventino Trigo asume a portavocía do BNG de Fene

O grupo municipal do BNG de Fene vén de renovar a súa portavocía en favor do que fora cabeza de lista nas eleccións de 2011, Juventino Trigo. O ata agora portavoz, Manuel Polo, continúa como concelleiro e pasará a substituír ao primeiro na portavocía en caso de ausencia.
Ademais, dentro dos cambios internos no BNG fenés, aprobados pola asemblea local, está tamén unha re-asignación das comisións municipais aos cinco membros do grupo, de xeito que sempre esté garantida a asistencia dun/dunha representante nacionalista a todas as reunións que se convoquen.
Para formalizar estes cambios, o BNG rexistrou esta semana un escrito (adxunto) no que se comunica oficialmente ao Concello a nova situación.
domingo, 2 de marzo de 2014
O BNG DENUNCIA UNHA NOVA TALA DUNHA ÁRBORE EN FENE POR PARTE DO GOBERNO DO PP
O BNG rexistra unha nova queixa por escrito ao alcalde en relación á talas de ábores no concello. Logo de máis de 31 meses de goberno do PP vense caracterizando pola tala e poda de árbores inxustificadamente.
Nos últimos días a concellaría de servizos procedeu á amputación dos plátanos sitos no parque de educación viaria en Barallobre, e hai dous días perpetrouse o último episodio arborícida do goberno do Concello de Fene, consistente na tala e derrubo do chopo de gran porte sito entre a Casa da Cultura e a pista da Fonte do Campo, árbore que durante decenios acompañou aos veciños de Fene en tardes soleadas e festas patronais.
Por isto o portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, solicítalle ao alcalde o cese inmediato de talas e podas salvaxes que se están levando a cabo durante esta lexislatura e que están rematando co patrimonio público natural. Ademais desde o BNG pensamos que é necesario que a concellería de Medio Ambiente estea dirixida por unha persoa cun mínimo de sensibilidade medio ambiental.
Por último vemos necesario a elaboración dun catalogo municipal de especies arbóreas en zonas públicas, no cal, a parte de estar representadas as árbores que aínda hai nos espazos públicos, figure a protección especial das especies que polas súas características (lonxevidade, porte, rareza, escasez...) as fagan especiais. Así poderíase evitar que no futuro, baixo calquera desculpa peregrina ou absurda, algún concelleiro ou grupo de goberno deixe orfas ás novas xeneracións de poder desfrutar dun patrimonio que durante ducias de anos outros se preocuparon de plantar e coidar.
martes, 18 de febreiro de 2014
O BNG DE FENE TRASLADA AO ALCALDE AS QUEIXAS DAS PERSOAS USUARIAS DA PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
Os nacionalistas de Fene trasladan ao goberno local as
queixas das persoas usuarias da piscina municipal de Centieiras. Esta
instalación leva tempo con problemas nas caldeiras que quentan a auga tanto do
vaso da piscina como das duchas.
Nos últimos anos a instalación veu dando problemas na súa maquinaria pero
neste inverno é especialmente constante o problema de baixada de temperatura na
auga e tamén os problemas no ar, que tanto pode estar moi alto como moi baixo.
A piscina de Centieiras atende a unha poboación moi
importante con usos principalmente educativos, de saúde e de lecer. Con este tipo de perfil
de usuario é imprescindíbel ter unha temperatura próxima aos máximos legais
permitidos
O BNG traslada esta queixa que é de todo o mundo
coñecida, para que se resolva o máis axiña o problema xa que desde o goberno
local non se actúa coa dilixencia precisa en resolver problema.
venres, 27 de decembro de 2013
Despedida de ano
Fin de
2013
O BNG de Fene convida a todo o conxunto da militancia e simpatizantes a despedir o
2013 o vindeiro luns 30 a partir das 20.30 horas.
O BNG de Fene propón unha actividade festiva para despedir o ano no noso local (Avda. Naturais 41-43 traseira) este luns 30 ás 20.30 horas.
Trátase de
xuntarnos para agradecer o traballo e o apoio
recibido, brindar e tomar algo xuntos/as.
Gostaríamos de
contar coa túa/vosa presenza! Unha aperta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)