luns, 11 de agosto de 2014

FENE SEN AUGA, RESPONSÁBEL O ALCALDE

O BNG de Fene lamenta que en pleno fin de semana varios milleiros de veciño e veciñas de Fene quedasen sen auga da traída. A falta de atención do alcalde popular Gumersindo Galego á proposta reiterada do portavoz nacionalista Juventino Trigo de que se repoña a tubería das Avenida das Pías foi a causa deste problema.

Como é coñecido o concello de Fene ten reposto as tuberías de fibrocemento antigas quedando so por substituír a Avd. das Pías polas dúas marxes dende a factoría naval ao cruce de Fene. Os cortes se subministro son cada vez máis frecuentes nesta zona debido precisamente á atiguedade da tubería.

As obras están valoradas polo goberno local en máis de 200.000 € e esta foi a razón de non querer acometela. Os nacionalistas incluso propuxemos facela en fases para non investir todo un Plan provincial nesta obra. Os populares que desbotaron a proposta do BNG, agora terán que explicarlle aos veciños e aos negocios como se vive e traballa nunha zona urbana cun servizo de auga interrompido na fin de semana.

Segundo o portavoz nacionalista Juventino Trigo "non é de recibo estar sen auga non tempos que corren cando se coñecía o problema e había cartos para acometela, por isto no BNG reiteraremos a necesidade de ir facendo esta reposición"


luns, 7 de xullo de 2014

O PP FAI TRAMPA COS ORZAMENTOS MUNICIPAIS


Grazas á última reforma da administración local impulsada polo PP a Xunta de Goberno dos concellos poden aprobar os orzamentos, retirándose unha competencia máis ao Pleno.


·O BNG votou non ao “paripé” do alcalde de levar uns orzamentos a Pleno que xa sabía que ía a aprobar na Xunta de Goberno onde non está a oposición.
·O PP levou ao Pleno de xullo uns orzamentos municipais tramposos. En si mesmo o documento era malo. Sóbense impostos e se rebaixan investimentos e servizos públicos.
·O PP incrementou os gastos correntes, moitos deles xa executados, que favorecen as contratacións irregulares de empresas e persoas.




Falta proxecto de concello, e sobre todo estes orzamentos non atacan o principal problema de Fene, o desemprego e a falla de actividade ecconómica.








mércores, 21 de maio de 2014

ACTO PÚBLICO EN FENE

HOXE ÁS 20h. NO COLEXIO DA XUNQUEIRA EN SAN VALENTÍN

intervirán:


Juventino Trigo (Portavoz municipal do Bng Fene)

Rosana Pérez Fernández (Deputada do BNG no Congreso dos Deputados) 

Xosé Manuel Carril (candidato nº2 do BNG ao Parlamento Europeo)

 




luns, 7 de abril de 2014

Nova sección VIDEOS

Estreamos a sección de videos deste blog coa ligazón á entrevista feita no programa "Espacio Abierto" da Televisión de Ferrol ao novo portavoz do Grupo Municipal Juventino Trigo.





mércores, 19 de marzo de 2014

Juventino Trigo asume a portavocía do BNG de Fene

 
 O grupo municipal do BNG de Fene vén de renovar a súa portavocía en favor do que fora cabeza de lista nas eleccións de 2011, Juventino Trigo. O ata agora portavoz, Manuel Polo, continúa como concelleiro e pasará a substituír ao primeiro na portavocía en caso de ausencia. 

Ademais, dentro dos cambios internos no BNG fenés, aprobados pola asemblea local, está tamén unha re-asignación das comisións municipais aos cinco membros do grupo, de xeito que sempre esté garantida a asistencia dun/dunha representante nacionalista a todas as reunións que se convoquen.

Para formalizar estes cambios, o BNG rexistrou esta semana un escrito (adxunto) no que se comunica oficialmente ao Concello a nova situación.