Os
nacionalistas de Fene queremos facer público a demanda cidadá existente ante a
falla de limpeza das vías provinciais no concello de Fene. As estradas son as seguintes:
CP-1503 Perlio-Lavandeira
CP-3503 Barallobre-Belelle
Esta situación incrementa o perigo nestas estradas e deixa a
peóns e ciclistas nunha indefensión total. Ademais da inseguridade no tráfico
esta situación de maleza pode causar problemas graves en caso de lume
tratándose como é o caso de estradas que pasan por zonas arboradas.
No BNG imos tomar as seguintes medidas, por unha banda
esixirlle ao Alcalde que se dirixa á Deputación e arranxe esta situación
urxentemente, por outra banda o noso
deputado provincial Xesus Vivero Soto fará a mesma demanda no ente provincial.
Para o BNG este é un exemplo da mala xestión da
deputación provincial e tamén é un exemplo de cómo un ente alonxado dos veciños
e veciñas non é quen de dar unha resposta acaída aos seus problemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario