O BNG de Fene organiza, como cada ano, un acto de homenaxe a Pancho Allegue.
No
sétimo aniversario do seu falecemento, non esquecemos o seu traballo e
compromiso co pobo, que deixou unha pegada presente aínda en todos os recunchos
do municipio. Por iso, comprácenos convidarvos a esta lembranza que terá lugar,
como é habitual, ao pé do monumento dedicado á súa memoria no Parque de
Castelao, o vindeiro domingo, 2 de setembro ás 12 da mañá.
Intervirán:
Manuel Grandal, portavoz comarcal da CIG.
Rita Couto, concelleira do BNG no Concello de Fene.
Presenta: Digna Faraldo, responsable local do BNG de Fene.
Ningún comentario:
Publicar un comentario