O pasado 26 de setembro cumpríronse 30 anos desde a formación do
Bloque Nacionalista Galego na Asemblea de Riazor. Para celebralo, o candidato á
presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, partipará nunha charla-coloquio que
se celebrará este luns, 1 de outubro, no Círculo de Perlío, a partir das 20
horas.
Jorquera
estará acompañado pola responsábel local do BNG de Fene, Digna Faraldo, así
como polos candidatos da comarca de Ferrolterra ao Parlamento de Galiza: Manuel
Polo (Fene) e Fernando Branco Parga (As Pontes). Participarán tamén cidadáns
relacionados co sector naval e co marisqueo, os dous sectores produtivos de
maior relevancia na zona. Ademais, haberá un coloquio aberto a todas as persoas
que queiran participar.
Onde estaría hoxe Astano de facerse efectiva a proposta de Fernando Blanco de venderllo a Barreras?
ResponderEliminarOla de novo "casteleiro56"! Canto tempo sen sabermos de vostede! Eso si vemos que sigue igual de orixinal. Un par de puntualizacións:
Eliminar1º- O Fernando Blanco que nos acompañará no acto deste luns non é o que se refire vostede.
2º- De todos xeitos convidámolo a que asista ao noso acto e lle formule todas as dúbidas que teña sobre ese particular tanto ao señor deputado coma ao candidato á presidencia Francisco Jorquera (xa que haberá posibilidade de facelo) ainda que probablemente xa saiba que todo o que borea non é tal como dí vostede e só son gañas de facer campaña ao seu xeito. Un saúdo!