Os nacionalistas
convidamos a toda a Corporación a realizar unha declaración
institucional de apoio á folga xeral do vindeiro 12 de xuño. A
resposta do conxunto da corporación foi o apoio unánime do seguite
texto aprobado no Pleno ordinario do xoves pasado:
Declaración
institucional sobre a folga xeral comarcal do 12 de Xuño
A
corporación municipal do concello de Fene, perante a convocatoria de
folga xeral na comarca para o vindeiro 12 de Xuño, manifestamos:
-
Que a situación da nosa comarca atópase nunha fase crítica, por
mor das políticas de destrucción dos nosos sectores produtivos, que
levaron a un progresivo aumento do índice de desemprego – neste
momento, o 32%, 10 puntos por riba da media galega – o progresivo
aumento da emigración da nosa mocidade e, en definitiva, á
depauperación económica e social no ámbito comarcal.
-
Que perante esta situación, os diversos gobernos – tanto o do
estado como a Xunta – non están a prantexar iniciativas políticas
na defensa dos nosos sectores produtivos; mesmo incumprindo
claramente os compromisos que se tiñan feito no seu momento a
respecto dalgún deles, como o naval, o eólico, etc……
-
Que, como representantes da cidadanía afectada por esta situación,
entendemos que non só non debemos de permanecer ao marxe; senón que
mesmo cúmpre que adoptemos unha posición activa na denuncia desta
situación e na exixencia de medidas concretas aos gobernos para
trocar esta situación.
Neste
sentido, os grupos municipais do PP, PSOE, BNG e IU manifestamos:
1.-
O noso apoio á convocatoria de Folga Xeral para o dia 12 de Xuño,
así como o compromiso de favorecer desde a institución municipal o
chamamento á participación da mesma ao conxunto da cidadanía do
noso concello.
2.-
A exixencia aos gobernos do estado e a Xunta para a concreción de
medidas e prazos concretos para abordar iniciativas na defensa do
emprego e dos nosos sectores produtivos.
3.-
O chamamento aos diversos sectores sociais, políticos, empresariais,
sindicais, entidades e insituciónais da comarca para a conformación
dun foro/ente que, ao fío da mobilización, se articule como
instrumento de presión/negociación das demandas comarcais.
(O Pleno do concello está composto por 17 persoas, 6 do PP, 5 do Psoe; 5 do BNG e 1 de IU)
Ningún comentario:
Publicar un comentario