O Pleno ordinario de Fene celebrado onte foi o centro
da protesta dos traballadores e traballadoras da Naronesa Megasa. No punto 5 da
orde do día ía a moción, que por unanimidade asinamos todos os grupos, de apoio
á demanda de modificación do decreto que regula a tarifa eléctrica para a
siderúrxica.
Na intervención no Pleno o Portavoz nacionalista, Manuel Polo, afirmou
”o PP de Fene está realizando un exercicio de cinismo tremendo xa que aquí
apoian aos traballadores de Megasa, a folga comarcal pasada, ou as demandas do
naval, e logo o seu partido esmaga calquera aspiración para resolver estes
problemas. Teñen dúas opcións manterse na hipocresía ou abandonar o PP”.
Os nacionalistas de Fene estamos cheos de apoios de
cara a galería, porque os mesmos inútiles que nos están deixando sen opción
laboral son para os que Gumersindo Galego pedirá o voto cando toque.
Neste mesmo sentido o BNG presentamos unha MOCIÓN DE RESPOSTA Á GRAVE SITUACIÓN DE CRISE NA COMARCA na que logo do
gran paro comarcal do pasado 12 de xuño se pedía a adopción dos
seguintes acordos:
1.- Reprobar a actitude do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza, pola
posición insensíbel e enganosa perante os compromisos asumidos coa comarca e
pola falta de medidas concretas na defensa do emprego e dos nosos sectores
produtivos.
2.- Articular, dun xeito urxente e en conxunto cos diversos sectores da
sociedade comarcal, medidas de presión que obriguen aos devanditos gobernos ao
cumprimento das demandas que se veñen facendo nos últimos anos; e que constituíron
o clamoroso e unánime berro da sociedade comarcal o pasado dia 12 de Xuño.
A moción saíu adiante coa abstención do PP que actuou
esta vez na liña de defensa do seus
superiores sendo incapaces de apoiar a moción, amosando de novo a súa dobre
faciana.
Foto: Diario de Ferrol |
Ningún comentario:
Publicar un comentario