Iago Varela, Juventino Trigo, Evencio Ferrero e Luís Lamas |
Os
alcaldables nacionalistas de Fene, Juventino Trigo, e de Cabanas, Iago Varela,
coñeceron esta tarde o funcionamento do punto limpo do Concello de Carballo,
que consideran un modelo a seguir para a posta en marcha do de Vilar do Colo.
Foron recibidos polo alcalde da localidade, o tamén nacionalista Evencio
Ferrero e o concelleiro Luís Lamas.
Os candidatos de Fene e Cabanas coñeceron de primeira man como foi a posta en marcha do punto limpo e o seu funcionamento ordinario. Para Juventino Trigo "o Concello o de Carballo é un modelo na xestión de residuos. Nada que ver coa inoperancia do alcalde de Fene, que ten paralizado o punto limpo por non querer xestionalo como é debido".
Anualmente,
Carballo distribúe 50 composteiros para ir reducindo a factura medioambiental e
económica. Pola contra, o PP de Fene eliminou o programa de compostaxe posto en
marcha polo BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario