luns, 20 de abril de 2015

O BNG preséntase disposto a recuperar a alcaldía de Fene

O BNG de Fene presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Un total de 21 persoas (17 + 4 suplentes) que conforman unha lista elaborada tras un proceso de Asembleas Abertas que comezou hai varios meses. Varias das  persoas candidatas presentaron as súas ideas de cara ao futuro traballo desde o goberno municipal, desde políticas para a xuventude, ata medio ambiente, urbanismo, educación e emprego.



A vice-portavoz parlamentar, Ana Pontón, acompañou á candidatura fenesa, que rematou a súa presentación coas palabras do candidato á alcaldía, Juventino Trigo, quen avanzou varias das súas propostas, como o Plan de Emprego municipal, a posta en marcha do plan de urbanismo, a revisión das ordenanzas de impostos, etc.

Para Trigo, no BNG “sabemos gobernar un concello, sabemos xestionar as contas municipais e sabemos investir en educación e en benestar social; e sabemos poñer en marcha políticas que fomenten o emprego”.


Ligazón ao vídeo da candidatura: https://youtu.be/HkTe_PIRP2M



Ningún comentario:

Publicar un comentario