xoves, 22 de outubro de 2015

O alcalde de Fene fai un chamamento ás alcaldías da comarca para demandar conxuntamente emprego no sector naval da ría


A situación pola que atravesa o sector naval na ría de Ferrol segue nun proceso de progresivo desmantelamento, constituíndo un dos elementos que máis está a contribuir ás elevadas taxas de desembrego, emigración e índices de emerxencia social e pobreza na contorna dos concellos da comarca.

Logo de dez meses desde o remate do veto que impedíu á antiga ASTANO o acceso á construcción naval convencional; atopámonos cun novo veto que deriva da falta de definición de proxectos no ámbito da construción naval e fronte isto atopámonos co derrube dunha grúa e retirada de proxectos de futuro como o de Gestamp.

Compre lembrar o percorrido das promesas no traballo do sector naval da comarca (flotel e BAM) O flotel supuxo, no mellor dos casos, unha ocupación dun máximo de 300 persoas. E o BAM non pasou na prática moito máis aló da fase de corte de chapa a finais do pasado ano, atopándose práticamente paralizado desde aquela.

A maiores, dos catro petroleiros a construír nas diversas factorías de Navantia dedúcese con claridade que o complexo Fene-Ferrol é, máis unha vez, leva a peor parte no reparto; xa que estamos a falar da realización dos bloques de proa, que supoñen unha moi pequena parte do conxunto do buque. En termos de emprego, segundo se recoñece en diversos ámbitos, esta obra podería achegaría emprego a un máximo de 300 persoas durante o período de construcción dos buques, estimado en 21 meses.

Ningún goberno que se reclame tal, pode permanecer de espectador cando o que está en xogo é un dos piares básicos da economía e da creación de emprego. Desde o Concello de Fene, que está a padecer esta situación dun xeito virulento no plano do deterioro social, económico e demográfico, acreditamos que compre dar un chanzo no ámbito institucional e político; demandando dos gobernos unha folla de ruta –con plans e prazos concretos- que partan de garantir o dereito a producir, implementando as medidas que correspondan nos diversos ámbitos para converter o naval no que sempre tivo, como elemento dinamizador da economía e do emprego na nosa comarca.

Neste sentido, avogamos pola apertura dun proceso de interlocución co goberno galego, demandándolle o cumprimento da Lei do Sector Naval Galego, que fixa exercicio de competencias neste ámbito e ao goberno do estado para abordar a posta en marcha desas medidas. Para iso, desde o concello de Fene propomos unha convocatoria ao conxunto dos concellos da área de Ferrolterra, Eume e Ortegal, ao obxecto de articular desde as institucións municipais unha acción conxunta para garantir dos diversos gobernos –o galego e o do Estado- que se aborde con urxencia, concretando medidas e prazos.





7 comentarios:

  1. Xa colocastes a Manolo Doval outra vez na Deputación. E veña merengue

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si señor! un comentario moi apropiado coa noticia... É vostede o mesmo que aí atrás tiña obsesión con Manuel Polo? Agora que lle toca a Doval? Faga mirar as súas manías, non pode ser bo para a saúde.

      Eliminar
  2. O comentario apropiado coa nova é que os que lle querían regalar Astano a Barreras agora sacan peito en defensa do naval

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si nachiño si... Segue coa mesma teima de hai anos, eu como persoa independente de calquera ideoloxía aposto que esta organización fixo máis polo naval da comarca que ningunha outra. Demostre o contrario. Cal é a súa?

      Eliminar
  3. Non destes resposta á pregunta: Xa colocastes novamente a Manolo Doval na Deputación da Coruña.
    SI ou NON

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E que non lle teñen nada que respostar. É vostede un troll (dos cutres) que se dedica a dicir sempre as mesmas conachadas. Creo que o que querería vostede é estar aí, pero que ao final se converteu nun friki despechado cunha organización na que pertenceu no seu día. Dá pena.

      Eliminar
  4. Eu non sei quen é ese Manolo e tampouco me importa. Paréceme moi ben esta iniciativa por parte do meu alcalde e merece o meu respecto e os mellores desexos, os meus veciños e veciñas de Fene merecémolo. Cada quen que asuma o seu papel e actúe en consecuencia. Moito éxito alcalde!

    ResponderEliminar