Representantes do Goberno Municipal de Fene visitaron o pasado día 27 de xaneiro as instalacións de Navantia-Fene. Visita na que estiveron acompañados da dirección de Navantia Fene e responsabeis da empresa Windar Renobables.
Durante a xornada o alcalde, Juventino Trigo, coñeceu de primeira man os traballos desenvolvidos por la UTE Winder-Navantia. Isto é proxectos eólicos (Jacket e Hywind) desenvolvolvidos nos talleres de Imenosa, bloques planos e grada.
Durante a visita acadouse o compromiso de colaboración entre a empresa e o Concello en temas de formación e emprego así como se comprobaron as obras de mellora que están a desenvolver no astelerio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario