A Concelleira de emprego e
portavoz do BNG de Fene, Sandra Permuy, lamenta o recorte en
formación para o emprego realizado pola Consellería de traballo da
Xunta de Galiza.
Para a portavoz nacionalista é
sorprendente que neste ano non se concedese o Obradoiro que estaba
solicitado para o programa de garantía xuvenil que si se tiña
realizado en anos anteriores. Este Obradoiro xuvenil garantía a
formación a rapaces e rapazas que non tiñan rematada a ESO.
Por outro lado nos Obradoiro
de emprego ordinarios nas que se viña traballando coa agrupación de
Ares e Cabanas e que neste ano se sumaron Mugardos e Neda a redución
foi de 3 obradoiros en 2015 a 2 obradoiros en 2016 pasando de 28 a 20
alumnos e alumnas.
ANO
|
TIPO
OBRADOIRO
|
CONCELLOS
|
ALUMNOS / ESPECIALIDADES
|
PARO
CONCELLOS
|
TOTAL
PARO CONCELLOS PARTICIPANTES
|
2014
|
Obradoiro
ordinario
|
Fene / Ares / Cabanas
|
21alumnos /
3 especialidades
|
Ares
:574 / Fene:1340 / Cabanas: 268
|
2.182
|
2015
|
Obradoiro
programa garantía xuvenil
|
Fene / Ares / Cabanas
|
28
alumnos / 3 especialidades
|
Ares
:492 / Fene:1203 / Cabanas: 240
|
1.935
|
2016
|
Obradoiro
ordinario
|
Fene / Ares / Cabanas / Neda
Mugardos
|
20
alumnos / 2 especialidades
|
Ares
:461 / Fene:1098 / Cabanas: 196/Neda:406 / Mugardos:456
|
2.617
|
Desde o goberno municipal
traballarase na formación polo emprego tomando iniciativas potentes
ademais de esixir á Xunta que cumpra coas persoas desempregadas do
noso concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario