Entre as emendas nacionalistas atopábanse as propostas do concello de Fene por valor de 800.000 €. O BNG en Fene tiña solicitado o traspaso das competencias de mantemento e gastos enerxéticos do Centro de saúde e do CPI da Xunqueira que a pesar de ser competencia autonómica aínda sostén en parte o Concello de Fene.
Por outro lado solicitábanse 3 actuacións importantes como os servizo de auga da traída nas zonas altas do concello (Magalofes e Sillobre) un centro de día para persoas maiores e unha aula de educación física no IES de Fene.
No caso da auga, trátase dunha demanda histórica de veciños e veciñas que non teñen aceso a auga da traída pola altitude na que se atopan e precisan dun deposito adicional para que a auga se distribúa por gravidade e cunha presión aceptable.
As outras dúas actuacións, centro de dia e aula de educación física, son equipamentos educativos e sociais imprescindibles para mellorar a calidade de vida das persoas do noso pobo.
En vindeiras datas o goberno local iniciará xestións para que a Xunta de Galicia tome conciencia destas necesidades e se comprometa a poñelas en marcha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario