O alcalde popular de Fene,
Gumersindo Galego, ten convocado un pleno extraordinario para mañá
martes as 8:30 no que, entre outros asuntos, tratará a subida do 3,4% do
Imposto de vehículos de tracción mecánica, máis coñecido como a rodaxe.
Tamén recolle a proposta de subir o 3,4% a taxa da recollida do lixo.
Para o BNG de Fene non ten xustificación algunha esta subida de taxas cando non
existe un traballo previo de valoración dos ingresos do Concello. O PP xa subiu
a recollida de lixo e conxelou o resto de taxas e impostos para uns meses máis
tarde subir a contribución urbana no entorno dun 10%. O BNG demandou en
reiteradas ocasións un tratamento global das taxas e impostos acompañada dunha
política de exencións e bonificacións en función dos ingresos. As previsións
económicas para o 2013 son peores que as actuais polo cal o Concello debería
prever as dificultades polas que vai pasar moitos veciños para facerse cargo das
taxas e impostos. O portavoz nacionalista Manuel Polo afirmou que "as propostas
deste tipo non poden contar co apoio do BNG polo que votaremos NON no Pleno a
esta subida de impostos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario