A anunciada negativa do BNG de apoiar a subida da taxa da recollida do lixo e do imposto de rodaxe de vehículos foi a tese maioritaria do pleno do concello de Fene celebrado este pasado martes. O resto da oposición tamén se opuxo á subida, polo que o alcalde popular Gumersindo Galego, retirou o asunto da orde do día impedindo que se votasen ambos asuntos. Para o BNG é sorprendente que logo de convocar un Pleno sen ter feito o traballo previo de estudo das ordenanzas fiscais chegado o punto da orde do día sexan retirados os asuntos para non sufrir unha derrota e quedar de manifesto a falla de competencia do goberno local.
O Alcalde actúa demagóxicamente cando “vendeu” a conxelación de taxas e impostos para este ano e todos podemos ver os recibos da contribución que teñen subas do 9% que implican entre 20 € dun piso de 40 anos en San Valentín e os 50 € dunha vivenda unifamiliar de 10 anos. Para o BNG este é o momento da sensibilidade de cara as persoas desempregadas, xubiladas que lle conxelan as pensións e taballadores que ven reducidos os seus salarios, polo que as medidas deberían ir na liña contraria á da subida a discreción e que para o BNG pasaría por unha política fiscal progresiva e redistributiva.
Ademais deste asunto o concelleiro de facenda elevou ao pleno dúas propostas máis como foi a derogación da ordenanza forestal e a declaración de indisponibilidade dos cartos procedentes da paga de Nadal do persoal do Concello. As dúas propostas foron rexeitadas polo conxunto da oposición. No asunto da ordenanza forestal pedimos desde o BNG que se elaborara unha nova proposta antes de derogar a existente. No tema da declaración de non dispoñibilidade do diñeiro destinado á paga de Nadal, os nacionalista opuxémonos a esta medida e reclamamos o cumprimento do acordo plenario no que se aprobou a compensación da paga de nadal. O PP foi incapaz de explicar os motivos desta proposta que non xeran beneficio algún nin para os veciños nin para o persoal municipal. Para o portavoz nacionalista, Manuel Polo "detrás desta medida ocúltase a intención de engordar ás aseguradoras a través dos plans de pensións xerando liquidez no sistema financieiro á conta do persoal ao servizo da administración".
Ningún comentario:
Publicar un comentario