O BNG de Fene
recibiu queixas das diferentes entidades
veciñais de Sillobre polo deficiente estado de equipamentos básicos como
son o patio da escola e os xogos infantís do mesmo, os cortes de enerxía
eléctrica no local social de titularidade municipal ou o mal estado dos xogos
infantís situados no parque do Souto.
Para o BNG resulta
preocupante que equipamentos como a escola ou o do parque infantil do Souto estean nun nivel de
deterioro tan elevado que podan causar problemas ou lesións aos nenos e nenas.
De feito o Grupo municipal do BNG rexistrou un escrito pedindo que se tomasen
medidas co parque do Souto. A resposta do alcalde non se fixo esperar indicando que o parque se
atopa nun plan da deputación para arranxar. Esta resposta é insuficiente xa que
o goberno ten que actuar e tomar medidas incluso de precintado do parque se é
perigoso como parece.
Corte de luz no
local social, a AVV de Sillobre conta cun local social de titularidade municipal que sufriu dous
cortes de luz por problemas entre o concello de Fene e a empresa subministradora. Nos últimos días a AVV tivo que suspender
actividades por falta de luz.
Protesta da ANPA do
colexio de SIllobre, os pais e nais entregaron un escrito coas deficiencias do
parque infantil e o patio da escola. Esta xa é unha demanda de vello, incluso
chegaron a facer un arranxo e pintado os propios pais e nais.
O BNG a través dos
seus concelleiros preguntaran e demandaran que se atendan estas necesidades coa
máxima dilixencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario