Na Comisión informativa de Promoción económica e
facenda celebrada hoxe o seu Presidente,
o popular Juan José Franco, respondeu ao BNG que si lles ían pagar ás
entidades asociativas de Fene os máis de
23.000 € aos que se comprometerá para este ano.
A pregunta do BNG veu motivada pola resposta que tiña dada o edil popular no Pleno do pasado día 7 deste mes no que dixo
que “ao non terse aprobados os orzamentos de 2013 non se podían pagar as
subvencións nominativas”. Os nacionalistas de Fene expresamos o noso desacordo
co impago das axudas polo que manifestamos a nosa oposición a toda modificación
de creto se previamente non se solucionaba o pago das axudas ás entidades
asociativas do concello polas actividades deste ano.
A pesar da advertencia do BNG, os populares preferiron
manter un Pleno extraordinario cunha nova modificación de creto que non incluía
a solución ao pagamento das subvencións. Desta teimuda posición do PP derivou o
voto en contra dos nacionalistas a esta nova modificación de creto e a
evidencia de que non se trataba dun farol. Dúas semanas despois rectifican e
asumen que lle van dar unha solución ao pago das subvencións grazas á posición
de firmeza do BNG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario