O luns pasado o
Pleno do Concello foi convocado de xeito extraordinario e urxente polo Alcalde
popular Gumersindo Galego. O asunto a tratar viña a ser unha modificación de
creto para cubrir a parte municipal dunha
subvención para a instalación dun parque infantil en Fene. A oposición no seu
conxunto negouse a tramitar o expediente.
O Alcalde foi incapaz de ter o apoio da
maioría do Pleno a pesar da sinxeleza para atopar o acordo.
A situación do concello
de Fene que conta co orzamento prorrogado de 2012 obriga en determinadas
circunstancias a facer modificacións de creto
para poder executar diferentes proxectos. Un asunto que podía parecer un
trámite sinxelo ven precedido da advertencia do BNG de que ou se pagaban, por
parte do goberno local, as subvencións nominativas ou o BNG ía votar non a
calquera outra modificación de cretos.
As subvencións nominativas son aquelas que
figuran nas Bases de execución do orzamento con nome e apelidos, como por exemplo
o comedor do CEIP de Centieiras, a subvención ao funcionamento de ASPANEPS, ou
actividades culturais como O Festipote, Fenerock , Xuntanza de Gaiteiros,
Romaría do Camiñante descoñecido ou Felipop entre outras.
Para os
nacionalistas de Fene garantir as actividades do movemento asociativo está por
riba dos intereses do PP. No pleno ordinario de novembro os populares afirmaron
nunha resposta ao BNG que sen orzamentos non habería subvencións
nominativas. Desde ese día van xa dous
Plenos extraordinarios onde o BNG condicionou o seu apoio a calquera
modificación de creto á modificación das
Bases de execución de 2012 e o pagamento posterior das subvencións
nominativas ás entidades veciñais.
E como non presentan unha moción de censura e o botan da Alcaldía?
ResponderEliminar