Continuar coa senda iniciada polo nacionalismo galego nas Cortes no ano 1996, facendo de NÓS, candidatura galega a voz e a forza da nosa comarca. Eis o compromiso da candidata e candidatos da comarca que forman parte das listas de NÓS-Candidatura Galega para as eleccións do vindeiro 20 de Decembro.
Ilusionad@s en partillar unha candidatura que provén da pluralidade, da xenerosidade e do compromiso co País; ao tempo que conscientes da responsabilidade de facer nosa a reclamación dunha comarca que quere defender o dereito a producir, vivir e traballar na propia terra.
A partir de hoxe comezou un traballo intenso, como facemos no día a día. Coa xente, e para a xente. Aí estamos NÓS !!!
· Manuel Polo (vice-responsábel comarcal do BNG e ex portavoz municipal do BNG de Fene)
· Beatriz Bascoy (Alcaldesa de Moeche)
· Secundino García (Alcalde de S. Sadurniño)
Ningún comentario:
Publicar un comentario