O pasado luns 30 de novembro o Polideportivo Municipal "O Ramo" de Barallobre acolleu unha actividade para dar a coñecer o deporte inclusivo con participantes das escolas de deporte adaptado da Mancomunidade e alumnado do CEIP o Ramo.
Ao longo da xornada, coa asistencia do alcalde de Fene Juventino Trigo e representantes municipais de concellos da Comarca, houbo exhibicións de slalom en cadeira de rodas, boccia, baloncesto en cadeira de rodas e baile, nas que puideron participar os propios alumnos e alumnas do centro para coñecer por si mesmos estas modalidades, de acordo co enfoque inclusivo desta iniciativa.
As escolas de Deporte Inclusivo da Mancomunidade contan cunha subvención da Deputación da Coruña, e na súa impartición colaboran as entidades ADM (Boccia, Slalom e Tenis), Basketmi (baloncesto), Vida Activa (baile) e COGAMI (pilates).
Destacar que no Pavillón Polideportivo "O Ramo" se desenvolve os xoves de 17:30 a 19:00 a actividade Baloncesto en cadeira de rodas. Actividade enmarcada no Programa de deporte e actividade física adaptada e inclusiva.
Juventino Trigo animouse a probar co "Slalom en cadeira de rodas" |
Ningún comentario:
Publicar un comentario