O BNG de Fene chama aos seus militantes e simpatizantes a participar na vindeira Asemblea Local aberta, que terá lugar mañá venres 13 de abril ás 20.00 na sede nacionalista na avenida Naturais 41-43 baixo traseira. Nesta xuntanza avaliarase a situación política actual e os pasos a seguir de cara ás vindeiras eleccións municipais. A Asemblea local será aberta a todas as persoas simpatizantes e militantes e tratará de recoller todas as opinións e propostas de actuación para ter o máximo acordo e acadar unha proposta política gañadora.
Ademais de dar conta polo miúdo das diferentes frontes xudiciais abertas e das súas polibles consecuencias, os nacionalistas definirán a súa estratexia de oposición municipal, como auditores dos pasos do goberno censor.
Nun segundo punto trataranse as liñas xerais das municipais 2019, coa constitución de dúas comisións executivas, para a elaboración dunha proposta de candidatura e a redacción dun programa político.
O Consello Local agradece o apoio amosado nas últimas datas ao Alcalde Juventino Trigo e, por extensión, ao seu goberno, e dará conta na asemblea de todos os apoios e mostras de solidariedade recibidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario