Cun Pleno urxente o novo bipartito de Fene impón ata os horarios e os días das Comisións Informativas, algo inaudito nos case 40 anos de concellos democráticos. O fondo e a forma dos asuntos a tratar era evidente que traerían un intenso debate entre os censores PP-Somos Fene, e o concelleiros do goberno saínte BNG-IU.
O que non agardábamos no BNG era a mala educación, machista e desagradable do portavoz de Somos Fene que logo dunha intervención da portavoz do Grupo mixto e concelleira de IU,despachouse cun "me la suda"
Pois neste Pleno onde se aprobaron as dedicacións exclusivas, as horas e os días das comisións máis os representantes do Concello en diferentes órganos o Alcalde censor lonxe de ordenar o debate riulle a mala educación e as faltas de respeito ao seu socio, o portavoz transfuga de Somos Fene. Os papeis están ben definidos, os transfugas fanlle o traballo suxo ao PP dando estopa sen a máis mínima educación e os populares rinlle as grazas.
Quedan 14 meses de dura oposión, control e seguiento do novo goberno, por parte do BNG, que conta con maioría absoluta e no que xa se ve a faciana du PP intolerante e trapalleiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario