xoves, 14 de novembro de 2013
xoves, 31 de outubro de 2013
O ALCALDE DE FENE DESESTIMA O RECURSO PRESENTADO POLO BNG Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS NO DESEMPREGO
O
portavoz nacionalista presentou un recurso, o 24 de outubro, ás bases polas que
o Alcalde de Fene convocou o procedemento público para proceder á
selección de persoal laboral de carácter temporal ao abeiro dos
Programas de Cooperación da Xunta de Galicia coas entidades locais
2013, para tres postos de peón a media xornada e unha de auxiliar de
axuda no fogar a xornada completa.
Curiosamente
na resposta ao recurso se desestima o mesmo e se informa ao BNG da
modificación das Bases nos apartados de experiecia profesional e nos
méritos. No primeiro caso se reduce a valoración da experiencia e
no segundo se incrementa o valor dos méritos a acreditar.
O "remendo" feito pola alcaldía non resolve a situación de
desproporción entre o que se pide e as carácterísticas dos postos
a contratar. As bases manteñen 20 temas dos cales 10 son de dereito
administrativo e obvianse probas prácticas. Con este tipo de
selección non se garante a inclusión social das persoas con máis
dificultades.
Para
o portavoz do BNG no concello, Manuel Polo, trátase dunhas bases
burocráticas e totalmente insensibles á gran problematica do
desemprego en colectivos con difícil inserción laboral, persoas con
cargas familiares ou desempregadas de longa duración.
sábado, 26 de outubro de 2013
O ALCALDE DE FENE REXEITA A OFERTA DO BNG PARA NEGOCIACIAR O ORZAMENTO DE 2014
O portavoz nacionalista ofreceu ao Alcalde de Fene, logo dun
longo debate, a posibilidade de retirar o orzamento de 2013 e sentarse a
negociar o 2014, que é o que tocaría a estas alturas do ano. Esta oferta foi o
derradeiro intento dos nacionalistas en levar ao Concello de Fene polo camiño
de ter unhas contas útiles e non o de continuar coas contas prorrogadas desde 2012.
O BNG lembroulle ao Alcalde que tiña dúas posibilidades para
aprobar o orzamento, unha, actuar en contra do parecer da maioría e sacalo
adiante vinculándoo a unha cuestión de confianza, ou unha segunda opción e que
foi a oferta do BNG que retirase o documento de 2013 e que se implicase na
negociación do 2014.
Falla de vontade e vitimismo, estas foron as características
do discurso do alcalde. O Goberno de
Fene é vítima, como o propio Alcalde recoñeceu,
das políticas do PP no goberno do Estado e da Xunta que recortan
ingresos e limitan a capacidade de gasto beneficiando so aos bancos. A falla de
vontade foi total por parte do Alcalde Gumersindo Galego que nin se sentou a
falar do orzamento.
O Alcalde ten que mirar se antepón o seu interese de ser
Alcalde cos intereses dos veciños de Fene que é ter un orzamento útil na
prestación de servizos e na creación de emprego.
luns, 9 de setembro de 2013
Homenaxe a Pancho Allegue o pasado 1 de setembro: Intervención de Juventino Trigo
Bo día a todos e a todas.
Pouco ou nada me queda por dicir sobre a persoa que hoxe homenaxeamos. A súa calidade humana e a súa calidade como político evidénciase no feito de que, oito anos despois, aquí estamos todos e todas lembrando a súa figura. Nuns tempos nos que referirse a alguén como político interprétase case coma un insulto, o recordo de Pancho Allegue debe servirnos para lembrar o que significa en realidade ser político ou ter unha faceta política na vida.
A faceta política é aquela que nos define como persoas que traballamos para o pobo, mirando polo ben do pobo desde a perspectiva do que nós pensamos que é o mellor. Iso é o que facía Pancho, e iso é o que o BNG sempre fixo en Fene e en Galiza.
Quenes levaron á sociedade a pensar que ser político é sinónimo de ser corrupto, ladrón ou aproveitado, dende logo, non foron persoas coma Pancho. Por iso, dende o BNG de Fene, e a cidadanía de Fene en xeral, debemos berrar ben alto en contra desa máxima que nos queren instalar no cerebro a través dos grandes poderes establecidos (gobernos, poder económico, poder mediático): Non todos somos iguais, non todos os políticos son iguais, e non todos os partidos son iguais.
Estamos vivindo unha das etapas máis difíciles da nosa historia recente, tanto no país como, en concreto, e sobre todo, na nosa comarca. O paro alcanza cifras astronómicas, a nosa xuventude emigra, os nosos dereitos vense recurtados día a día, tanto no eido laboral coma no eido dos dereitos sociais, sanidade, educación,... E o peor é que a solución non chega, non se ve aínda a luz ao final do túnel. A ASTANO non nos traen barcos, seguen sen depurarnos a ría, o comercio esmorece, cada día pechan máis negocios, e ¿ata cando esta situación? Ata que outros queiran, ata que queira a Unión Europea, ata que queira o goberno de España, ata que queira a banca.
E así levamos anos e anos, agardando a que outros tomen unhas decisións que non chegan porque non somos nós mesmos quenes as tomamos.
Digna Faraldo, Ana Santiago, Suso Cea e Juventino Trigo |
Pancho loitaba por acadar melloras laborais para os traballadores e traballadoras do naval. Agora temos que loitar por acadar que non se afunda o estaleiro. El loitaba en Fene por acadar cada vez máis benestar para os veciños e veciñas. Agora temos que loitar para evitar quedarnos sen poboación, por axudar a reducir o desemprego, por mirar de pagar as facturas sen problemas. E está claro que o goberno da dereita non está polo labor. Eles siguen ao seu, gobernando para os amigos poderosos, espoliando os nosos recursos e eliminando os servizos sociais, tanto en Fene, coma en todos os estamentos nos que gobernan.
Por iso, políticos coma Pancho son hoxe máis necesarios ca nunca, e por iso, os seus compañeiros e compañeiras de partido debemos mirarnos no seu espello máis ca nunca. Debemos traballar polo noso, polos nosos recursos, que son moitos e moi bos, pola nosa xente, polo noso pobo, que, como cantaba Zeca Afonso “é o que máis ordena”.
Entre todos e todas, e coa lembranza de Pancho, de seguro que o conseguiremos.
Moitas grazas.
luns, 26 de agosto de 2013
Homenaxe a Pancho Allegue
O BNG de Fene organiza, como cada ano, un acto de homenaxe a Pancho Allegue
No
oitavo aniversario do seu falecemento, non esquecemos o seu traballo e
compromiso co pobo, que deixou unha pegada presente aínda en todos os recunchos
do municipio. Por iso, comprácenos convidarvos a esta lembranza que terá lugar,
como é habitual, ao pé do monumento dedicado á súa memoria no Parque de
Castelao, o vindeiro domingo, 1 de setembro, ás 12 mañá.
xoves, 11 de xullo de 2013
Festa Comarcal do BNG en Fene
Xantar do país,
música en directo e moi boa compañía o 20 de xullo en San
Valentín!!
Para celebrarmos o Día da Patria,
desde o BNG comarcal organizan unha xornada festiva o vindeiro sábado 20 de
xullo no paseo de San Valentín (Fene). Comeremos baixo carpa a base de
mexillóns, churrasco, bebidas e sobremesa, por só 15 € por persoa.
Teremos xogos para que os nenos e nenas poidan estar entretidos e divertíndose
en todo momento. Acompañaranos o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence,
a partir das 19 horas. E despois, poderemos escoitar en directo a grupos de
primeiro nivel da música galega como os “UlträQäns” e a “Familia
Caamagno”, acompañados dos locais “Tremebundos” de Moeche e
“Estimaba que Viñeras” de Fene.
Estades todas e todos convidados e
podedes, por suposto, convidar a quen queirades. Sortearemos tamén unha estancia
nunha casa rural galega e pasaremos una moi boa tarde-noite sen lugar a
dúbidas.
O prazo para apuntarse (ao xantar)
remata o 17 de xullo, e podedes facelo por calquera vía (por teléfono 981
364058, correo electrónico ferrol@bng-galiza.org ou bngfene@gmail.com, facebook comarcal ou da
Asemblea do BNG de Fene, avisando á persoa responsábel local do BNG,
etc.).
Non o podedes perder!!
venres, 5 de xullo de 2013
O BNG CALIFICA DE HIPÓCRITA A ACTITUDE DO PP DE FENE NO PLENO ANTE O INMINENTE PECHE DE MEGASA
O Pleno ordinario de Fene celebrado onte foi o centro
da protesta dos traballadores e traballadoras da Naronesa Megasa. No punto 5 da
orde do día ía a moción, que por unanimidade asinamos todos os grupos, de apoio
á demanda de modificación do decreto que regula a tarifa eléctrica para a
siderúrxica.
Na intervención no Pleno o Portavoz nacionalista, Manuel Polo, afirmou
”o PP de Fene está realizando un exercicio de cinismo tremendo xa que aquí
apoian aos traballadores de Megasa, a folga comarcal pasada, ou as demandas do
naval, e logo o seu partido esmaga calquera aspiración para resolver estes
problemas. Teñen dúas opcións manterse na hipocresía ou abandonar o PP”.
Os nacionalistas de Fene estamos cheos de apoios de
cara a galería, porque os mesmos inútiles que nos están deixando sen opción
laboral son para os que Gumersindo Galego pedirá o voto cando toque.
Neste mesmo sentido o BNG presentamos unha MOCIÓN DE RESPOSTA Á GRAVE SITUACIÓN DE CRISE NA COMARCA na que logo do
gran paro comarcal do pasado 12 de xuño se pedía a adopción dos
seguintes acordos:
1.- Reprobar a actitude do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza, pola
posición insensíbel e enganosa perante os compromisos asumidos coa comarca e
pola falta de medidas concretas na defensa do emprego e dos nosos sectores
produtivos.
2.- Articular, dun xeito urxente e en conxunto cos diversos sectores da
sociedade comarcal, medidas de presión que obriguen aos devanditos gobernos ao
cumprimento das demandas que se veñen facendo nos últimos anos; e que constituíron
o clamoroso e unánime berro da sociedade comarcal o pasado dia 12 de Xuño.
A moción saíu adiante coa abstención do PP que actuou
esta vez na liña de defensa do seus
superiores sendo incapaces de apoiar a moción, amosando de novo a súa dobre
faciana.
![]() |
Foto: Diario de Ferrol |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)