sábado, 9 de maio de 2015

Hoxe acto en Limodre

Tras a suspensión do acto de onte en San Valentín (adiado para o sábado 16 de maio ás 12:00h) e de todos os actos de campaña do BNG-Asembleas Abertas en todo o país, como forma de repulsa ao asasinato machista de Ourense. Hoxe realizaremos o noso primeiro acto da campaña na AVV de Limodre, será ás 17:00h e na mesma falarán:


                     
                     Mariela Aguilar, candidata nº4
Justo Martínez-Ardá, candidato nº3



Juventino Trigo, candidato á alcaldía de Fene








luns, 20 de abril de 2015

O BNG preséntase disposto a recuperar a alcaldía de Fene

O BNG de Fene presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Un total de 21 persoas (17 + 4 suplentes) que conforman unha lista elaborada tras un proceso de Asembleas Abertas que comezou hai varios meses. Varias das  persoas candidatas presentaron as súas ideas de cara ao futuro traballo desde o goberno municipal, desde políticas para a xuventude, ata medio ambiente, urbanismo, educación e emprego.



A vice-portavoz parlamentar, Ana Pontón, acompañou á candidatura fenesa, que rematou a súa presentación coas palabras do candidato á alcaldía, Juventino Trigo, quen avanzou varias das súas propostas, como o Plan de Emprego municipal, a posta en marcha do plan de urbanismo, a revisión das ordenanzas de impostos, etc.

Para Trigo, no BNG “sabemos gobernar un concello, sabemos xestionar as contas municipais e sabemos investir en educación e en benestar social; e sabemos poñer en marcha políticas que fomenten o emprego”.


Ligazón ao vídeo da candidatura: https://youtu.be/HkTe_PIRP2M



xoves, 16 de abril de 2015

Presentación da Candidatura do BNG-Asembleas Abertas de Fene ás Eleccións Municipais do 24 de maio.



Este domingo no Círculo C.R.e D. de Perlío ás 12 do mediodía

No mesma falarán:

__ Alba García Fariña, candidata nº 10
__ Mariela Aguilar Prieto, candidata nº4
__ Justo Martínez Ardá, candidato nº3
__ Sandra Permuy Meizoso, candidata nº2
__ Ana Pontón, vice-portavoz do BNG no Parlamento Galego
__ Juventino Trigo, candidato á alcaldía de Fene

Ao final haberá uns petiscos e un viño.
Contamos contigo!







venres, 20 de marzo de 2015

Os candidatos do BNG de Fene e Cabanas visitan o Punto limpo de Carballo


Iago Varela, Juventino Trigo, Evencio Ferrero e Luís Lamas
Os alcaldables nacionalistas de Fene, Juventino Trigo, e de Cabanas, Iago Varela, coñeceron esta tarde o funcionamento do punto limpo do Concello de Carballo, que consideran un modelo a seguir para a posta en marcha do de Vilar do Colo. Foron recibidos polo alcalde da localidade, o tamén nacionalista Evencio Ferrero e o concelleiro Luís Lamas.








Os candidatos de Fene e Cabanas coñeceron de primeira man como foi a posta en marcha do punto limpo e o seu funcionamento ordinario. Para Juventino Trigo "o Concello o de Carballo é un modelo na xestión de residuos. Nada que ver coa inoperancia do alcalde de Fene, que ten paralizado o punto limpo por non querer xestionalo como é debido". 





Anualmente, Carballo distribúe 50 composteiros para ir reducindo a factura medioambiental e económica. Pola contra, o PP de Fene eliminou o programa de compostaxe posto en marcha polo BNG. 












luns, 16 de marzo de 2015

O BNG de Fene traballa nunha candidatura activa e preparada para gobernar

Juventino Trigo encabeza de novo a lista electoral do BNG de Fene para as vindeiras eleccións municipais. Xunto a el, e como resultado das asembleas abertas celebradas ao longo das últimas semanas, aparecen persoas moi relacionadas co tecido asociativo do municipio, así como persoas simpatizantes que accederon a participar deste proxecto, elaborado coa firme decisión de gobernar Fene o próximos catro anos.

Sandra Permuy, de San Valentín, ocupa o segundo posto da candidatura. Justo Martínez-Ardá, actual concelleiro, séguea no terceiro. Mariela Aguilar, simpatizante do BNG e presidenta da Asociación Ecoloxista AETNA, vai no cuarto posto, e compaxinará este labor co seu traballo na sociedade e na Comisión de Festas de Maniños. Do mesmo xeito, Alberto Maceiras, de Perlío, pecha este primeiro tramo, no que se combinan de xeito notable a profesionalidade, a aposta pola cultura, polos servizos sociais e pola a atención á veciñanza.

Para o alcaldable, Juventino Trigo, esta candidatura “é o resultado dun proceso aberto cos veciños e veciñas de Fene e, en consecuencia, tanto no primeiro tramo coma no resto da lista temos xente  preparada e moi activa en temas sociais e culturais”.



mércores, 25 de febreiro de 2015

Fene, presente no debate de política xeral do Estado

Intervención de Olaia F. Davila no debate de política xeral do Estado, onde Fene, como tantas outras veces, estivo presente (a partir do minuto 5:28 para os que teñan presa)

Se o bloque está, Galiza e Fene tamén están!










venres, 13 de febreiro de 2015

ILP polo dereito a contemplar a obra plástica de Castelao

Onte na Sociedade O Pote de Maniños tivo lugar unha interesante charla sobre a Iniciativa Lexislativa Popular polo dereito a contemplar a obra plástica de Castelao organizada pola Sociedade Medulio con comentarios dos pintores Ladislau da Regueira e Antonio Rivas e a contextualización histórica de Francisco Rodríguez. 


Desde o BNG de Fene apoiamos totalmente esta iniciativa así como poñemos a disposición de quen nolo solicite a folla para asinar para que esta proposta sexa debatida no Parlamento.