O GM do BNG de Fene queremos amosar publicamente o noso apoio á mobilización de hoxe xoves e do vindeiro 21 de marzo. Para os nacionalistas de Fene o naval é fundamenta para Fene e a comarca. A demanda de compromisos claros de carga de traballo, a xestión do levantamento do veto ou o desenvolvemento da Lei do sector naval de Galiza son cuestións elementais para relanzar a actividade de construción naval en igualdade con calquera outro estaleiro do mundo.
O BNG como organización nin o seu Grupo Municipal en Fene vai asinar comunicado nin manifesto conxunto co PP sobre este asunto. O alcalde de Fene debe esixir ao seu partido, o PP, o cumprimento dos acordos e das promesas, dique flotante, flotel, centro de reparacións… O cinismo do PP de amosar apoio na comarca para logo ir perdendo compromiso ao achegarse aos centros de decisión que eles mesmos dirixen é un insulto á intelixencia dos habitantes de Ferrolterra.
O PP ten maioría en Santiago e Madrid, controla a SEPI e a dirección de Navantia. Que cumpran.
Para o portavoz do BNG no concello de Fene Manuel Polo ”resulta moi preocupante que o PP se mobilice, na comarca, polo naval como si eles non tiveran nada que ver coa solución a este problema político que xera desemprego e desesperanza en Ferrolterra”
Ningún comentario:
Publicar un comentario